
A Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT) é un edificio modular, flexible e funcional que pon a disposición da comunidade universitaria e doutras institucións públicas ou privadas as instalacións axeitadas para o traballo con auga de mar e cultivos mariños, tanto a escala experimental como de planta piloto.
A ECIMAT conta con tres unidades:
A Estación subministra auga de mar de diferentes calidades en grandes volumes (crúa, microfiltrada quente e fría) e auga doce declorada. Ten tamén unha sección de cultivos auxiliares como fitoplancto (na sala de algas), rotífero e artemia (na sala de zooplancto) e cultivos larvarios.
Dispón de infraestructura para a mostraxe de auga mariña, plancto e bentos, así como de equipos de investigación con análise de imaxe.
A Estación ten destinada unha área con todo o necesario para a práctica do submarinismo: un Pañol de Mergullo equipado, acceso ao mar polo pantalán e unha embarcación pneumática.