Pantalán

A ECIMAT conta cun pantalán flotante de 24m de lonxitude e 3m de ancho ao que se accede mediante unha pasarela fixa de 60m de lonxitude e 2m de ancho, rematada nun tramo móbil de 12m.

O pantalán flotante está formado por dous módulos de 12x3m, con estrutura de aluminio marinizado e flotadores de formigón armado. Perpendicularmente a estes dous módulos encóntrase un pequeno pantalán de 6x3m que serve como apoio á pasarela móbil.

O calado mínimo nunha marea viva é de tan só 1,20 m. Ademais débese ter en conta que a parte externa do pantalán está destinada a manobras de carga e descarga, quedando restrinxido o atraque á cara interna do mesmo.

Pantalán

 


FEDER Unha Maneira de Facer Europa