Ecimat Social

logo-fb

twit

rss

linkedin

Buscar

Suxerencias

Pulsa aquí para enviarnos os téus comentarios

Paracentrotus lividus

Taxonomíaerizo_adulto_logo
  • Clase Echinoidea
    • Orde Echinoida
      • Familia Echinidae

Habitat

Paracentrotus lividus, comunmente coñecido como ourizo de mar, está amplamente distribuído ao longo do Mar Mediterráneo e na costa Atlántica Europea, desempregando un importante papel ecolóxico no funcionamento, dinámica e estructura das comunidades bentónicas.

Descripción e interese

Trátase dun ourizo regular e de gran tamaño, que se recoñece con facilidade polas súas longas espiñas de cor verde escuro ou púrpura.

Varios estudos teñen demostrado a importancia da larva pluteus do ourizo de mar na composición e na biomasa das comunidades zooplanctónicas, tendo un papel significativo na rede trófica peláxica. Trátase dun organismo de gran relevancia económica debido ao gran valor comercial das súas saborosas gónadas.

Usos e aplicacións dende a ECIMAT

erizo_larva_logoerizo_larva2_logoerizo_33d_logoerizo_xuv_logo

O laboratorio de Ecoloxía Mariña da Universidade de Vigo realiza na ECIMAT probas de toxicidade con embrións e larvas de ourizo de mar. Debido á súa gran sensibilidade aos tóxicos ambientais, á rapidez da súa resposta e á súa relevancia ecolóxica, estes bioensaios embrio-larvarios con invertebrados mariños teñen sido empregados durante décadas na avaliación e no seguimento da contaminación mariña costeira.

FEDER Unha Maneira de Facer Europa