O cultivo de fitoplancton realízase en dúas salas: sala de fitoplancton e sala de producción en fotobioreactor. Ambas salas dispoñen de liña de aire, osíxeno, auga doce declorada, auga de mar filtrada por area (~50µ) a temperatura ambiente, auga de mar filtrada a 20µ a 12 e 18ºC e auga de mar desinfectada con UV e filtrada a 1µ absoluta a 18ºC.
A sala de fitoplancto ten 18 m2 adicados ao mantemento das cepas da colección da ECIMAT e a unha producción diaria de 100 L en fase exponencial en batch. Está acondicionada termicamente a 20ºC e está equipada con andeis de cultivo con iluminación e unha cabina de fluxo laminar.
Para consultar as cepas dispoñibles na ECIMAT prema aquí. Se desexa facer algunha consulta acerca deste servizo envíe un correo a Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo .

A incorporación en 2012 dun Fotobioreactor de Columna de 640 l. (8 col.x 80 L) permitiu incrementar a capacidade de producción de fitoplancton, tanto a nivel cuantitativo coma cualitativo (ata un máximo de 150 L diarios). Ainda que actualmente atópase en periodo de probas, os resultados acadados ata o momento indican que se pode incrementar a capacidade produtiva ata nun 400% (en función da especie), reducindo ao mesmo tempo a carga de traballo.
De cara ao futuro, en colaboración coa empresa Aqualgae SL, está previsto continuar a desenrolar o equipo instalado na ECIMAT e levar a cabo estudios para a súa total automatización e a modulación da calidade nutricional da microalga producida mediante a variación dos volumes colleitados e a conseguinte incorporación de novos nutrintes.
Estas actividades contan con financiamento procedente do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a través do Programa de Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas do SUG – Consellería de Educación –Xunta de Galicia.
Fotobioreactor